Manifiesto 12-01-13

As caixas de aforros naceron en toda Europa fronte a usura da banca privada. Galegos e galegas ilustres impulsaron a creación dun modelo de banca social, ética e territorial; que tiña coma obxectivo facilitar a inclusión financeira: para que os beneficios foran devoltos á sociedade a través da Obra Social e sobre todo para que «os aforros dos galegos e galegas foran xestionados para criar riqueza e emprego no país», tal e como dicia a acta fundacional da Caixa de Aforros de Santiago, cidade que hoxe acolle esta manifestación multitudinaria.

Foi por iso que os mezquinos mercados e mercaderes que nos gobernan sempre tiveron coma obxectivo privatizalas, facelas desaparecer. E para iso contaron con aliados dende dentro, coa eficaz colaboración dunhas altas direccións sen escrúpulos, que primaban o seu beneficio persoal a costa de todo. Altas Direccións que siguen dentro inspirando o proxecto actual.

Levamos dende o ano 2010 asistindo ao desmantelamento progresivo das caixas, despois do mal chamado proceso de fusión impulsado por Alberto Núñez Feijoo que encubría un plan de desmantelamento e privatización das Caixas. Foi el quen puxo a dedo a José María Castellano para reestruturar e privatizar, poden enganar a moitos un tempo, pero non a todos todo o tempo.

A nosa sociedade está pagando as consecuencias do multimillonario «rescate bancario», que ten pouco de rescate e moito de bancario; socialízanse as perdas; recortase social e laboralmente e privatizaranse os futuros beneficios. Pagamos para que nos quiten o que é noso.

Nesta manifestación están unidos por primeira vez os distintos colectivos de afectados/as polo proceso de reestruturación de novagalicia banco, un fito histórico, fronte ao preoceso impulsado pola Dirección da Entidade e supervisado polo FROB, baixo a Dirección do Goberno Central e a Comisión Europea.

Estamos unidos todos e todas para dicirlle que non nos enganan, que poderan impoñernos unha receita dolorosa, pero que seguiremos combatendo ata obrigalos a dar marcha atras.

Nos, os bos e xenerosos, pedimos: xustiza, poder traballar, poder dispoñer dos nosos aforros, ter aceso a servizos bancarios, que os beneficios do banco sexan devoltos á sociedade a través dunha Obra Social e Asistencial: loxicamente somos tolos e tolas perigosos.

Pero eles, (que o noso himno describe coma os féridos e duros, imbeciles e escuros), pero que se presentan coma os cordos e sensatos queren impoñernos :

A destrución de 2.508 postos de traballo directos na propia Entidade, así como mais despedimentos nas empresas auxiliares . Uns despedimentos que queren realizar aplicando unha reforma laboral que a cidadanía rexeitou coa participación masiva nas folgas xerais.

A desaparición da participación accionarial da antiga Caixa de Aforros no banco, poñendo en perigo a viabilidade da Obra Social, asistencial e Cultural e os postos de traballo asociados a aquela. Ata o de agora os beneficios das Caixas revertían na sociedade, agora despois dun rescate que pagará a cidadanía, remataran nos petos de accionistas privados.

Unha dura e inmoral quita para os aforradores e aforradoras posuidores de débeda subordinada (preferentes e obrigas). Mentres se garante o pago aos grandes investidores institucionais posuidores de células hipotecarias.

 O conxunto da sociedade asumirá as perdas derivadas da mala xestión das Direccións (coa complicidade da Xunta de Galicia, Banco de España, Goberno Central, CNMV), transformándose a débeda privada en débeda pública, ao tempo que se privatizan os futuros beneficios.

O peche de oficinas, nomeadamente no rural, levará a marxinación financeira dunha parte importante da poboación, ala onde os bancos privados por criterios de rendibilidade pecharon e só quedaban as caixas.

A valoración negativa da Entidade implica a incautación do patrimonio acumulado polos aforros de milleiros de galegos e galegas durante case dous séculos.

O desinvestimento das participacións empresarias que novagalicia banco mantiña en mais de 170 empresas. O que xera incerteza sobre a estabilidade accionarial de numerosas empresas galegas.

Nos formamos parte da maioría social e por iso que estamos convencidos que todos e todas xuntos poderemos virar o que nos presentan coma unha verdade única e inmutable: conseguiremos a derogación do plan de reestruturación de novagalicia banco e a negociación dun plan alternativo sostible e viable. Por todo isto hoxe 12 de xaneiro estamos aquí e volveremos cantas veces faga falta para que non nos rouben o noso futuro.

Deja una respuesta